Para escoitar activamente as persoas que nos rodean temos que poñer os cinco sentidos:
- oído: escoita con atención;
- vista: mira a quen che fala;
- gusto: pecha a boca: non
interrompas;
- tacto: non xulgues, respecta
os sentimentos dos demais;
- e olfacto: mostra interese,
pregunta, resume ou parafrasea, intentando comprender a persoa que fala.
Cinco puntos de escoita activa auténtica por Teresa Baró:
- Ofrecer dispoñibilidade (non amosar sinais de impaciencia nin de présa).
- Deixar ou interromper o que estabas a facer.
- Mirar á persoa que fala (triángulo de ollos e nariz).
- Expresar a través do rostro, pestanexar...
- Asentir ou inclinar a cabeza e emitir sons conforme estamos atendendo (si, xa,...).