12/10/25

Programación SA 1.2 Canto sabes da plena e baixa Idade Media?

Escoita Activa


Para escoitar activamente as persoas que nos rodean temos que poñer os cinco sentidos:

  1. oído: escoita con atención;
  2. vista: mira a quen che fala;
  3. gusto: pecha a boca: non interrompas;
  4. tacto: non xulgues, respecta os sentimentos dos demais;
  5. e olfacto: mostra interese, pregunta, resume ou parafrasea, intentando comprender a persoa que fala.




Cinco puntos de escoita activa auténtica por Teresa Baró:

  1. Ofrecer dispoñibilidade (non amosar sinais de impaciencia nin de présa).
  2. Deixar ou interromper o que estabas a facer.
  3. Mirar á persoa que fala (triángulo de ollos e nariz).
  4. Expresar a través do rostro, pestanexar...
  5. Asentir ou inclinar a cabeza e emitir sons conforme estamos atendendo (si, xa,...).

29/9/25

Exposición oral: controla os nervios!


Controla os nervios: pensa en positivo, confía en ti mism@.
Fala con seguridade: respira pausadamente, diríxete ao público coa mirada (non leas) e concéntrate en transmitir a mensaxe con claridade.
Ensaia previamente a posta en escena: practica todas as veces que sexan necesarias.